Pobo tsimshian

Pobo tsimshian
Músico tsimishian en 1999.
Poboación
Poboación total:
8 162
Rexións principais:
Canadá5 910 (Columbia Británica)[1]
Estados Unidos de América Estados Unidos2 252 (Alasca)[2]
Aspectos culturais
LinguaLinguas tsimshian
RelixiónRelixión tradicional

Os tsimshiam (en tsimshian: ts’msyan) son un pobo indíxena de América do Norte. As comunidades tsimshian viven principalmente na costa da Columbia Británica e no sur de Alasca, preto de Terrace e Prince Rupert no Canadá, e na illa Annette en Alasca. Os tsimshian constan duns 10 000 membros (incluíndo os kitselas, kitsumkalum, e as "tribos aliadas" dos lax kw'alaams; os metlakatla, kitkatla, gitga'at na baía Hartley, e kitasoo en Klemtu). Os tsimshian son unha das Primeiras Nacións meirandes do norte da Columbia Británica. Algúns tsimshian migraron cara á illa Annette, onde os seus descendentes forman a comunidade india Metlakatla.

Ó igual que outros pobos indíxenas de América, os tsimshian teñen un sistema de parentesco matrilinear, cunha estrutura social baseada no clan, chamado moiety. A herdanza e a propiedade son contemplados a través da liña materna. Os antropólogos e os lingüísticas clasificaron os gitksan e os nishga como tsimshian polas súas aparentes afinidades lingüísticas. Os tres falan o coñecido como tsimshian da costa, malia que algunhas das comunidades non son costeiras. Porén, estes tres grupos identifícanse como nacións separadas.

  1. Government of Canada (ed.). "Aboriginal Ancestry Responses (73), Single and Multiple Aboriginal Responses (4), Residence on or off reserve (3), Residence inside or outside Inuit Nunangat (7), Age (8A) and Sex (3) for the Population in Private Households of Canada, Provinces and Territories, 2016 Census - 25% Sample Data". www12.statcan.gc.ca (en inglés). Consultado o 23 de novembro de 2017. 
  2. Bureau, U.S. Census. "American FactFinder - Results". factfinder.census.gov (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2019. Consultado o 30 de marzo de 2018. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy